Kahoot! Aprendizaxe divertida
Unha das grandes tendencias educativas actuais é, sen dúbidas, a gamificación. Son moitas as aplicacións e utilidades que nos poden axudar a introducir esta forma de traballar nas aulas. Na miña opinión Kahoot! é das mellores por 4 motivos principais: Moi sinxela de empregar para calquera prefe, aínda que teña poucos coñecementos sobre tecnoloxía educativa. Hai moitos xogos xa creados pola extensa comunidade que se poden empregar libremente. Adáptase perfectamente a case calquera contido de calquera área. Moi motivadora e divertida para o alumnado. Para comezar simplemente debemos rexistrarnos na web: https://kahoot.com/ e elaborar o noso propio cuestionario ou para comezar, cousa que eu recomendo, utilizar algún Kahoot xa creado. Para xogar temos que entrar na páxina: https://kahoot.it/ e introducir o código do xogo. Unha vez que están todos os alumnos ou equipos inscritos podemos comezar. Ao finalizar cada pregunta infórmanos en pantalla dos resultados e da clasificación. ...