Kahoot! Aprendizaxe divertida
Unha das grandes tendencias educativas actuais é, sen dúbidas, a gamificación. Son moitas as aplicacións e utilidades que nos poden axudar a introducir esta forma de traballar nas aulas. Na miña opinión Kahoot! é das mellores por 4 motivos principais:
Para xogar temos que entrar na páxina: https://kahoot.it/ e introducir o código do xogo. Unha vez que están todos os alumnos ou equipos inscritos podemos comezar. Ao finalizar cada pregunta infórmanos en pantalla dos resultados e da clasificación.
Ao rematar o xogo podemos gardar os resultados o cal nos posibilita facer unha avaliación rápida dos coñecementos adquiridos.
Neste vídeo titorial nos explican paso a paso como comezar:
Gustaríame animarvos a probar esta ferramenta a todos xa que estou convencido que vos reportará grandes satisfaccións. Se o facedes podedes poñer nos comentarios deste artigo os resultados. Ánimo!
- Moi sinxela de empregar para calquera prefe, aínda que teña poucos coñecementos sobre tecnoloxía educativa.
- Hai moitos xogos xa creados pola extensa comunidade que se poden empregar libremente.
- Adáptase perfectamente a case calquera contido de calquera área.
- Moi motivadora e divertida para o alumnado.
Para xogar temos que entrar na páxina: https://kahoot.it/ e introducir o código do xogo. Unha vez que están todos os alumnos ou equipos inscritos podemos comezar. Ao finalizar cada pregunta infórmanos en pantalla dos resultados e da clasificación.
Ao rematar o xogo podemos gardar os resultados o cal nos posibilita facer unha avaliación rápida dos coñecementos adquiridos.
Neste vídeo titorial nos explican paso a paso como comezar:
Fonte: Antonio Morán
Pódese utilizar como punto de partida para ver os coñecementos previos do alumnado sobre un tema como fixemos con este Kahoot! relativo ao libro de Cervantes "El Quijote" denominado "Quizjote" que utilizamos en tódolos cursos da ESO con moi bos resultados. Ou tamén, que a min me parece o máis interesante, ao finalizar o tema para facer unha avaliación rápida dos coñecementos adquiridos. Como exemplo o Kahoot sobre formulación inorgánica que utilizamos co alumnado de Física e Química de 3º de ESO.Gustaríame animarvos a probar esta ferramenta a todos xa que estou convencido que vos reportará grandes satisfaccións. Se o facedes podedes poñer nos comentarios deste artigo os resultados. Ánimo!
Comentarios
Publicar un comentario