Skitch: unha imaxe vale máis que mil palabras
Hoxe queremos comentarvos aquí a utilidade que, no eido do ensino, pode ter unha ferramenta de tratamento da imaxe, sinxela e intuitiva, como Skitch.
Trátase dunha aplicación gratuita dispoñible para Windows, Mac, iOS e Android coa que vamos a poder sacarlle moito partido as imaxes da nosa realidade cotiá para traballar na aula. Con Skitch calquera pode facer unha foto co seu teléfono ou tableta e engadirlle elementos como texto ou frechas para logo proxectala na aula e servir como explicación ou como forma de plantexar un problema baseado nun contexto real. Aquí tedes algúns exemplos:
Comentarios
Publicar un comentario