O Barómetro de Cangas


O Barómetro de Cangas é un proxecto encadrado na área de Matemáticas de 3º de ESO do Colexio Compañía de María de Cangas. Con él pretendemos coñecer a realidade do noso Concello ademais de que o alumnado da área aplique o aprendido no bloque de estatística nun contexto real.

O traballo consta de varias fases:

  1. Elección da temática e población obxectivo de estudo.
  2. Fase de documentación: na que recopilamos e estudamos informes relacionados doutras institucións.
  3. Elaboración da enquisa: utilizamos tanto preguntas extraídas doutros estudos a nivel nacional e autonómico, como outras propostas polo propio alumnado.
  4. Difusión da enquisa e recollida de datos: a través de internet (redes sociais, formularios, links, ...) ou por entrevistas persoais.
  5. Tratamento dos datos: por grupos e de forma colaborativa, elaboramos táboas de frecuencias, gráficos e parámetros estatísticos.
  6. Elaboración final do informe: no que traballan alumnos dos distintos grupos.
  7. Publicación de resultados: neste blog, na web do centro, medios de comunicacións ou organismos oficiais (Concello, Xunta, ...)

Barómetros xa publicados:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recursos TIC para explorar o Universo

Presentación do "Barómetro de Cangas 2018"

Kahoot! Aprendizaxe divertida