Presentación do "Barómetro de Cangas 2018"

Desde hai unhas semanas vimos traballando co alumnado de 3º da ESO na idea dun proxecto de investigación estatística no que levar á práctica o que apendemos na aula.
Logo de varias sesións de propostas e valoracións decidimos abordar o tema do medioambiente no que confluían varias liñas de interese dos alumnos e alumnas. Deste xeito o título do noso Proxecto vai ser:

Barómetro 18: O Medioambiente

Unha vez establecido o tema necesitábamos definir poboación e mostra:
  • Poboación: persoas residentes no Concello de Cangas de 18 ou máis anos.
  • Mostra: Entrevistas anónimas e aleatorias realizadas polo propio alumnado nas vivendas do Concello.
Organizados en grupos cooperativos elaboramos as preguntas a formular na enquisa. Cada grupo debía formular, polo menos, dúas preguntas cuantitativas e dúas cualitativas. Tamén consultamos outras enquisas sobre o tema como a do Instituto Galego de Estatística antes de redactar a enquisa definitiva.
Despois de todo este traballo hoxe lanzamos a nosa enquisa para recoller datos cos que traballar na aula. Se eres maior de 18 anos e vives en Cangas anñimate a participar!


Esta enquisa estará aberta ata o vindeiro 6 de maio de 2018. Limitada a unha resposta por vivenda.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recursos TIC para explorar o Universo

Kahoot! Aprendizaxe divertida