MT3º T9: Estatística

Neste tema aprendemos a traballar cos datos, obter información dos mesmos e a publicar os resultados mediante gráficos.

1. Elaboración de táboas de frecuencias

O primeiro que debemos facer para tratar estatísticamente uns datos é tabulalos para poder obter as frecuencias: absoluta, relativa, absoluta acumulada e relativa acumulada. No vídeo seguinte podes aprender a facelo tí mesmo/a empregando unha folla de cálculo Google:


2. Cálculo de parámetros estatísticos e obtención de gráficos

Os parámetros estatísticos básicos a determinar cando traballamos cunha variable cuantitativa son: a media, a mediana, o rango, a varianza e a desviación típica. Neste vídeo podes ver como obter algúns destes parámetros empregando unha folla de cálculo:


O mellor xeito de presentar os nosos resultados estatísticos son os gráficos. Actualmente as follas de cálculo permítennos obtelos dunha forma moi sinxela e con moita liberdade creativa. No vídeo anterior tamén podes ver como elaborar un diagrama de barras coas follas de cálculo de Google.

Publicacións populares deste blog

Recursos TIC para explorar o Universo

Presentación do "Barómetro de Cangas 2018"

Kahoot! Aprendizaxe divertida