Curso #EdtechMooc "Liderazgo en tecnología educativa"
Entre o 10 de maio e o 12 de xuño de 2018 tiven a oportunidade de participar na 1ª edición do curso do Intef "Liderazgo en tecnogía educativa" #EdtechMooc. O obxectivo principal deste curso deseñado por Andoni Sanz non era outro que o de aprender a analizar, deseñar e poñer en marcha solucións sustentadas na tecnoloxía educativa, integrando contidos, pedagoxía e tecnoloxía de forma eficiente.
O itinerario deste curso é o seguinte:
A continuación paso a expoñer a miña modesta contribución a este curso cos 5 retos, un por semana, que tivemos que superar para obter a insignia final.
O meu requisito funcional elexido foi a necesidade de atopar a mellor aplicación de follas de cálculo para traballar a parte de estatística da área de Matemáticas na ESO.
Para elo tiven en conta algunhas cuestións previas:
Como pode verse na presentación as follas de cálculo de Google obtiveron 26 puntos por 19 de Excel en local. Entendo que noutro contexto a elección de indicadores, a valoración dos mesmos e, polo tanto, o resultado final serían diferentes.
Evidentemente o obxectivo desta parte do curso era o establecemento dunha metodoloxía de avaliación dos recursos tecnolóxicos rigorosa que minimice subxectividades e problemas futuros.
O documento elaborado tiña que conter os seguintes aspectos:
Como unha das claves para vencer resistencias é realizar unha presentación motivadora aquí tedes a nosa proposta para este "Proxecto MatTicamos":
Pedíasenos un vídeo en formato PechaKucha con 20 diapositivas de 20 segundos cada unha. O meu esquema de exposición foi o seguinte:
Resaltar a calidade deste curso así como dos participantes no mesmo, que o fixeron moi enriquecedor para todos. Pola miña parte agradecer as aportacións de profesores e compañeiros que me resultaron de moita axuda e me aportaron novas ideas. Agardo ter sido quen de poñer o meu gran de area na contribución xeral.
Esta entrada ten por finalidade motivar e servir como guía a outros compañeiros docentes que realicen este curso en futuras edicións.
O itinerario deste curso é o seguinte:
- Universo Edtech
- Análise Edtech
- Deseño Edtech
- Implantación Edtech
- Innovación Edtech
A continuación paso a expoñer a miña modesta contribución a este curso cos 5 retos, un por semana, que tivemos que superar para obter a insignia final.
Reto 1 #EdtechMooc Tarxeta de presentación e autodiagnóstico
Este reto cumpría unha dobre función: coñecernos como participantes no curso e facer un autodiagnóstico basado en diferentes índices de referencia. Obtei por resumir os meus resultados na seguinte infografía:
- Índice Klout.
Sen dúbida é imprescindible saber de donde partimos para poder avanzar.
- Madurez tecnológica: con Ikanos (Avanzado)
Reto 2 #EdtechMooc Creación dunha rúbrica de avaliación
O segundo reto deste curso de "Liderazgo en Tecnología Educativa" consitía na elboración dunha rúbrica de avaliación que nos permitise escoller a mellor ferramenta para resolver un requisito funcional do noso centro.O meu requisito funcional elexido foi a necesidade de atopar a mellor aplicación de follas de cálculo para traballar a parte de estatística da área de Matemáticas na ESO.
Para elo tiven en conta algunhas cuestións previas:
- Dispoñemos dun carro de netbooks para levar ás aulas.
- Tódolos alumnos de Secundaria do centro dispoñen dunha conta "G Suite for Education" polo que teñen acceso ás aplicaciones ofimáticas de Google.
- Non dispoñemos de conexión a internet por fibra óptica o que dificulta en ocasións a utilización de servizos na nube.
- O traballo cooperativo é unha das liñas estratéxicas do centro actualmente.
Evidentemente o obxectivo desta parte do curso era o establecemento dunha metodoloxía de avaliación dos recursos tecnolóxicos rigorosa que minimice subxectividades e problemas futuros.
Reto 3 #EdtechMooc Deseño dunha solución educativa
Para este Reto 3 necesitábamos crear unha solución educativa con tecnoloxía. Para isto era necesario realizar unha serie de pasos como:- Deseñar un proceso instrucional.
- Marcar os distintos espazos de aprendizaxe.
- Establecer as ferramentas a utilizar.
- Analiza-los productos xerados.
- Establecer un plan de continxencia.
Reto 4 #EdtechMooc A implantación Edtech
A creación dun Plan de Implantación Edtech era el Reto 4 del curso #EdtechMooc. Nesta ocasión establecemos un plan para implantar tecnoloxía educativa na área de Matemáticas na ESO no noso centro.O documento elaborado tiña que conter os seguintes aspectos:
- Riscos
- Resistencias
- Matriz TIM
- Estratexia de difusión
Como unha das claves para vencer resistencias é realizar unha presentación motivadora aquí tedes a nosa proposta para este "Proxecto MatTicamos":
Reto 5 #EdtechMooc A miña idea sobre a innovación tecnoeducativa
Para este reto final do curso "Liderazgo en Tecnología Educativa" do Intef tíñamos que elaborar un vídeo no que resumir a nosa visión sobre este tema.Pedíasenos un vídeo en formato PechaKucha con 20 diapositivas de 20 segundos cada unha. O meu esquema de exposición foi o seguinte:
- Presentación
- A miña idea de innovación
- Experiencias que tiven neste campo
- Recoñecementos ao meu labor
- Propostas
- Equipa que o realizará
- Donde e cando
- Resistencias potenciais
- Indicadores
- A miña rede de aprendizaxe personal
- A miña visión Edtech
Resaltar a calidade deste curso así como dos participantes no mesmo, que o fixeron moi enriquecedor para todos. Pola miña parte agradecer as aportacións de profesores e compañeiros que me resultaron de moita axuda e me aportaron novas ideas. Agardo ter sido quen de poñer o meu gran de area na contribución xeral.
Esta entrada ten por finalidade motivar e servir como guía a outros compañeiros docentes que realicen este curso en futuras edicións.
Comentarios
Publicar un comentario