Publicacións

Recursos TIC para explorar o Universo

Imaxe
A Astronomía é unha ciencia que se traballa co alumnado de todas as etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria), adaptada a cada nivel e que, en xeral, resulta moi atractiva para eles. Na actualidade existen multitude de aplicacións, webs, artigos, etc, que nos permiten explicar, investigar, explorar e aprender sobre este tema dun xeito moito máis atractivo. Ademais, estes recursos fan que as aprendizaxes sexan máis significativas para o alumnado. Realmente a cantidade de recursos é inxente e amplíanse/modifícanse continuamente. Neste artigo pretendemos ofrecer unha escolma daqueles que nos pareceron os mellores en cada categoría: exploración do Sistema Solar, constelacións, observación astronómica e satélites artificiais. Os recursos que aquí propoñemos poden utilizarse calquera deles, adaptando os contidos, para tódalas idades. Partimos da idea de que deben ser  ferramentas abertas para que calquera alumno/a poida empregalos e valoramos tamén que sexan multiplataforma....

Curso #EdtechMooc "Liderazgo en tecnología educativa"

Imaxe
Entre o 10 de maio e o 12 de xuño de 2018 tiven a oportunidade de participar na 1ª edición do curso do Intef "Liderazgo en tecnogía educativa" #EdtechMooc. O obxectivo principal deste curso deseñado por Andoni Sanz non era outro que o de aprender a analizar, deseñar e poñer en marcha solucións sustentadas na tecnoloxía educativa, integrando contidos, pedagoxía e tecnoloxía de forma eficiente. O itinerario deste curso é o seguinte: Universo Edtech Análise Edtech Deseño Edtech Implantación Edtech Innovación Edtech Dada a miña responsabilidade como Coordinador TIC do Colexio Compañía de María de Cangas considerei que era o curso ideal para min e non me equivoquei. A continuación paso a expoñer a miña modesta contribución a este curso cos 5 retos, un por semana, que tivemos que superar para obter a insignia final. Reto 1 #EdtechMooc Tarxeta de presentación e autodiagnóstico Este reto cumpría unha dobre función: coñecernos como participantes no curso e facer un auto...

Presentación do "Barómetro de Cangas 2018"

Desde hai unhas semanas vimos traballando co alumnado de 3º da ESO na idea dun proxecto de investigación estatística no que levar á práctica o que apendemos na aula. Logo de varias sesións de propostas e valoracións decidimos abordar o tema do medioambiente no que confluían varias liñas de interese dos alumnos e alumnas. Deste xeito o título do noso Proxecto vai ser: Barómetro 18: O Medioambiente Unha vez establecido o tema necesitábamos definir poboación e mostra: Poboación: persoas residentes no Concello de Cangas de 18 ou máis anos. Mostra: Entrevistas anónimas e aleatorias realizadas polo propio alumnado nas vivendas do Concello. Organizados en grupos cooperativos elaboramos as preguntas a formular na enquisa. Cada grupo debía formular, polo menos, dúas preguntas cuantitativas e dúas cualitativas. Tamén consultamos outras enquisas sobre o tema como a do Instituto Galego de Estatística antes de redactar a enquisa definitiva. Despois de todo este traballo hoxe lanzamos a no...

Kahoot! Aprendizaxe divertida

Imaxe
Unha das grandes tendencias educativas actuais é, sen dúbidas, a gamificación. Son moitas as aplicacións e utilidades que nos poden axudar a introducir esta forma de traballar nas aulas. Na miña opinión Kahoot! é das mellores por 4 motivos principais: Moi sinxela de empregar para calquera prefe, aínda que teña poucos coñecementos sobre tecnoloxía educativa. Hai moitos xogos xa creados pola extensa comunidade que se poden empregar libremente. Adáptase perfectamente a case calquera contido de calquera área. Moi motivadora e divertida para o alumnado. Para comezar simplemente debemos rexistrarnos na web: https://kahoot.com/ e elaborar o noso propio cuestionario ou para comezar, cousa que eu recomendo, utilizar algún Kahoot xa creado. Para xogar temos que entrar na páxina: https://kahoot.it/ e introducir o código do xogo. Unha vez que están todos os alumnos ou equipos inscritos podemos comezar. Ao finalizar cada pregunta infórmanos en pantalla dos resultados e da clasificación. ...

Skitch: unha imaxe vale máis que mil palabras

Imaxe
Hoxe queremos comentarvos aquí a utili dade que , no e ido do ensino, pode ter unha ferrament a de trata mento da imaxe, sinxela e intuitiva, como Skitch. Trátase dunha aplicación gratu ita dispoñible para Windows, Mac, iOS e Android coa que vamos a poder sacarlle moito partido as imaxes da nos a realidade cotiá para traballar na aula. Con Ski tch calquera pode f acer unha foto co seu teléfono ou tableta e en gadirlle elementos como texto ou frechas para logo proxectal a na aula e servir como explicación ou como forma de plantexar un problema baseado nun contexto real. Aquí tedes algúns exemplos: